| Inicio> O escudo | |||||||||||
![]() |
|
||||||||||
|
A heráldica xorde
por motivos prácticos: o combatente medieval, coa cabeza oculta polo capuchón da
cota de mallas e o nasal do casco, tivo que usar signos para ser recoñecido
polos seus no combate. 0 escudo defensivo foi o primeiro soporte natural para
este tipo de expresión que contribuía á súa identificación. Da transmisión
hereditaria das figuras que alí figuraban e da creación de regras que as rixen,
naceu a heráldica.X
Cando a heráldica se
estendeu polo occidente europeo, o antigo reino de Galicia estaba integrado xa
na monarquía leonesa e os seus reis usaban sinxelamente o león parlante. Esa
dependencia foi a causa de que Galicia carecera de símbolo heráldico dos séculos
XII ó XIV.
A necesidade de
utilizar unba figura que representase a Gaficia provocou a aparición do símbolo
eucarístico no escudo por medio dun copón cuberto durante o século XV, do cáliz
cunha hostia encima no XVI e pola custodia a partir do XVII.
Esta figura aparece
por un antiquísimo privilexio existente na catedral lucense consistente na
exposición constante do Santísimo Sacramento os seus fieles.
No Renacimento, o
copón perdeu o seu carácter expresivo e, para insistir na súa mensaxe, fíxose
patente o pan eucarístico e cambiouse o copón polo cáliz.
A aparición das
cruces no escudo de Galicia vén de moi atrás e xurde das preocupacións por
encher o espacio baleiro. Elixíronse as cruces fundamentalmente por motivos
regixiosos, sendo as prirneiras recrucetadas. Foron seis durante todo o século
XVll, pero a que remátaba a custodia rematou por facerse independente e as sete
cruces resultantes foron identificadas coas cabezas do antigo Reino de Galicia.
Actualmente caracterízanse pola súa sinxeleza.
A cor do campo do
escudo será azul dende o século XV e na actualidade as cruces poñénse, con
preferencia, de prata. 0 cáliz aparece en ouro fundido e a hostia de prata.
Entre os ornamentos exteriores, merece especial atención a coroa e a cruz de
Santiago. Non apareceu ata o XVII porque o seu uso estaba reservado
exclusivamente ós cabaleiros da orden. Hoxe en día só se mantén a
coroa.
Foi en 1972 cando a
Real Academia Galega adoptou en sesión plenaria o modelo definitivo deste
símbolo que hoxe é considerado oficial.
Para llevar a buen puerto todas estas actividades necesitamos de
vuestra colaboración , estamos abiertos a cualquier iniciativa o sugerencia y ponerlas en funcionamiento ,
porque amigos, lembrade sempre (recordar siempre)... EL CENTRO GALLEGO CUENTA CON TODOS NOSOTROS | |||||||||||