|
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das
mencinheiras. Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos
mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do
satiro e pe do coello. Pecadora lingua da mala muller casada cun home
vello. Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos
mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar
embravescida. Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que
andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida. Con este fol
levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as
bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse
no agoardente, quedando asi purificadas. E cando este brebaxe baixe
polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo
embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta
chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e
agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos
desta queimada.
|