Inicio> A Bandeira
A   B A N D E I R A

    Desde as orixes da civilización humana, e como unha das características universais, aparecen as bandeiras. A súa aparición e evolución aparece ligada ó espírito bélico. Pronto serviu para identificar e diferenciar durante o combate ós exércitos. O que comezou sendo un costume dos pobos orientais, deseguida se espallaría a occidente.
    
Se o século XVII se caracteriza por un emprego básicamente bélico da bandeira, o XVIII suporá o nacemento desta como símbolo nacional. Este uso das bandeiras para denotar e reflectir unha idea política refórzase coa Revolución Francesa. O XIX será o século da bandeira como representación político-ideolóxica. O século XX, polo gran uso deste tipo de símbolos, chegou a ser denominado "século das bandeiras".


    Durante a Idade Media os soldados galegos agrupáronse baixo "señas", "estandartes" ou "pendóns" que non simbolizaban o reino galaico. As seus cores mesmo podían variar dun xefe a outro, aínda que se observa certa persistencia do branco.

    A partir do XVII a bandeira galega comeza a aparecer nas publicacións imitando ó escudo: branca, co copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas.

    Non hai testemuños que proben a existencia da actual bandeira con anterioridade ó noso século. A actual bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Primeiro sería adoptada polos emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia peninsular.

    Con tres módulos de longo por dous de ancho é confeccionada normalmente a bandeira galega. O matiz de azul da banda é xeralmente dun azul celeste subido ou cobalto claro. Esta sería a bandeira nacional civil. A chamada do Estado, que é a que debe figurar nos actos oficiais, constaría ademais do escudo nacional no centro.

Para llevar a buen puerto todas estas actividades necesitamos de vuestra colaboración , estamos abiertos a cualquier iniciativa o sugerencia y ponerlas en funcionamiento , porque amigos, lembrade sempre (recordar siempre)... EL CENTRO GALLEGO CUENTA CON TODOS NOSOTROS